Monday 06 de May de 2024

A alcaldesa recibe no Pazo Municipal aos equipos visitantes do Trofeo Teresa Herrera


Inés Rey: “Sempre é un orgullo acoller a equipos doutras cidades, pero máis nun evento tan especial como o Trofeo Teresa Herrera”

A alcadesa, Inés Rey, acompañada de membros da corporación municipal, recibiu esta mañá no Pazo de María Pita aos dous equipos visitantes do 77º Trofeo masculino e 10º feminino Teresa Herrera. No acto estiveron presentes Antonio Couceiro, presidente do RC Deportivo, Jorge Silva, presidente do FC Famalicâo e Evgen Pokatylov, presidente do FC Metalist Kharkiv en representación dos tres equipos que se disputarán esta edición do Trofeo.

Os equipos dedicaron unhas palabras de agradecemento pola súa participación na competición. Inés Rey tamén quixo agredecerlle a súa visita e participación no Trofeo nas linguas de orixe dos equipos portugués e ucraíno. Agradecementos aos que sumou “ao Dépor por exercer de excelentes anfitrións desta cidade sempre aberta, sempre inclusiva e con moito fútbol que ofrecer.”

O club FC Famalicão, procedente de Portugal, competirá contra o Dépor Abanca ás 18.00 h, co que se conmemora unha década da inclusión do fútbol feminino no trofeo. O RC Deportivo xogará o amistoso contra o Club Metalist Kharkiv, de Ucraína ás 20.30 h no estadio de Riazor, nunha mostra de apoio ás familias vítimas da invasión rusa, xunto co destino de fondos recadados á Asociación AGA Ucraína para o seu traslado a unha ONG local de Kharkiv, encargada de axudar a familias refuxiadas no estadio do Metalist así como a veteranos e feridos de guerra.